Estatutos

 

CAPITULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

 

ARTIGO 1º.

 

  1. A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

 

ARTIGO 2º.

 

Son fins principais da Asociación:

 

-         Organizar exposicións e concursos ornitolóxicos, Locais, Comarcais, Provinciais, Rexionais, Nacionais e Internacionais. Fomentar a Ornitoloxía deportiva, desenrrolando actividades e exposicións, charlas escolares, charlas ornitolóxicas, así como defender ante as administracións públicas os intereses dos integrantes da Asociación e informar ós socios en todo o relacionado ó sector da Ornitoloxía Deportiva, e de tódalas actividades que se organicen.

 

ARTIGO 3º.

 

Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizalas seguintes actividades:

 

a).      Promover no seu caso dentro das normas sinaladas na lexislación as accións eficaces necesarias para garantir os intereses dos asociados en base a solución de problemas colectivos.

 

b).      Fomentar a unión e compañerismo entre os seus membros.

 

c).      Celebrar os actos Ornitolóxicos, Culturais e Deportivos que se crean oportunos para o bo desenrolo da afición.

 

d).      Organizar e participar en certamens Ornitolóxicos, tanto comarcais, provinciais, rexionais, nacionais como Internacionais.

 

e).      Calquer outro acto que sexa acordado pola Asamblea Xeral sin que entre en discrepancia coa lexislación vixente en materia de Asociación Culturais sen ánimo de lucro.

 

Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse ós devanditos fins das rendas netas e outros ingresos que se obterían por calquera concepto agás as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principias destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.

 

ARTIGO 4.

 

O enderezo principal e permanente da Asociación radicará na rua Donas Barcalla nº 4, no Concello de Gondomar (Pontevedra), a efectos de notificación Apartado de Correos nº 2 – 36300 Baiona (Pontevedra).

 

Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Asamblea Xeral, que terá atribucións para cambiar, tanto o enderezo, como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferentes os seguintes enderezos:

 

Donas Barcalla nº 4 – 36388 Gondomar (Pontevedra).

A efectos de notificacións: Apartado de Correos nº 2 – 36300 Baiona (Pontevedra)

 

ARTIGO 5º.

 

A Asociación en funcións dos seus fins e da ublicación do seu enderezo social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de Pontevedra.

 

ARTIGO 6º.

 

1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e soio se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

 

2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

 

 

CAPITULO II

DOS SOCIOS

 

ARTIGO 7º.

 

Poderán ser integrantes da Asociación todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persona xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

 

1. Socios de Número.

 

2. Socios Xuveniles. 

3. Socios de Mérito ou de Honor.

 

4. Socios Protectores ou Colaboradores.

 

ARTIGO 8º.

 

Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

 

1. Numerarios, tódalas persoas maiores de idade que ó soliciten por escrito e sexan aceptados.

 

2. Xuveniles, aquelas persoas menores de 18 anos que conten ca autorización dos seus pais ou titores por escrito. No intre que cumpra 18 anos pasará automáticamente a ser socio de número.

 

3. De Mérito ou Honorarios, aquelas persoas ou entidades que, a xuízo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.

 

4. Protectores ou Colaboradores, aquelas persoas ou entidades que, satisfagan unha cuota anual libre, podendo asistir as Asembleas Xerais sin voz nin voto.

 

ARTIGO 9º.

 

Os asociados e asocidas teñen os seguintes dereitos:

 

1. Tomar parte nas Asambleas con voz e voto.

 

2. Poder elexir e ser elexidos para cargos directivos.

 

3. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.

 

4. Disfrutar de tódolas vantaxes e beneficios coa Asociación poida obter.

 

5. Ter copia destes Estatutos.

 

6. Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.

 

7. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.

 

8. Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde de mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación.

 

9. Que se lle poña de manifesto o estado de contas de ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

 

10. Os socios xuvenis, de Merito ou Honorarios así como os Protectores ou Colaboradores non terán dereito a voz nin voto nas Asambleas.

 

ARTIGO 10º.

 

Son obrigas dos asociados e asociadas:

 

1. Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.

 

2. Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.

 

3. Satisface-las cuotas que se establezan.

 

4. Observar unha boa conducta individual e cívica.

 

5. Cumpri-los acordos da Asamblea Xeral e o contido dos Estatutos.

 

ARTIGO 11º.

 

Os asociados e asociadas honorarios, protectores e xuveniles non interverán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais, si ben non terán voz nin voto.

 

ARTIGO 12º.

 

Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou tutor do solicitante e acompañarase unha acreditación da identidade do solicitante.

 

A Xunta Directiva decidirá a sua admisión ou non, pudendo esta, si o estima conveniente, sometela proposta a Asemblea Xeral, a cal, en este caso, será a que deberá proceder consecuentemente.

 

ARTIGO 13º.

 

A condición de asociado pérdese:

 

1. Por vontade propia.

 

2. Por falta de pago de duas cuotas.

 

3. Por realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación.

 

4. Por expediente disciplinario.

 

5. Por provocar nas reunións discusións de tipo político, relixioso ou outra clase de discusións que destruia o clima de compañerismo e irmandade que a asociación pretende como fins.

 

ARTIGO 14º.

 

A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral extraordinaria e, contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdición ordinaria.

 

Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.

 

ARTIGO 15º.

 

Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.

A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago de ó menos 2 cuotas, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

 

CAPITULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

 

 

ARTIGO 16º.

 

A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

 

ARTIGO 17º.

 

O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

O Presidente será designado pola Asamblea Xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos.

 

ARTIGO 18º.

 

A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro, un Censor de Contas e un mínimo de un vocal, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.

 

ARTIGO 19º.

   

Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembosados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.

 

Elexiranse pola Asemblea Xeral os cargos que durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

 

Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcurso do prazo no que foron elexidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senon que deberase facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor ou ben agardar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un sustituto se se trata de renuncia voluntaria.

 

ARTIGO 20º.

 

É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas.

 

Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral, fixalas cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamente da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asamblea.

 

ARTIGO 21º.

 

A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepreidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falla de ambos, polo membro da Xunta que teña mais idade.

 

Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptadas pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.

 

O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

ARTIGO 22º.

 

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

 

Cando as necesidades ó aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.

 

ARTIGO 23º.

 

A Asamblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formado por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asamblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

 

ARTIGO 24º.

 

A Asamblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou soliciten o 10% dos socios. Neste derradeiro caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

 

ARTIGO 25º.

 

A Asamblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asamblea ordinario como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo Presidente da Xunta Directiva.

 

A notificación farase no enderezo particular de cada asociado, si ben, se establece tamén como válida a notificación o correo electrónico.

 

ARTIGO 26º.

 

Serán competencias da Asamblea Xeral ordinaria:

 

1. Aproba-la acta da reunión anterior.

 

2. Aproba-lo plan de actividades.

 

3. Examinar e aproba-la memoria de actividades.

 

4. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.

 

5. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

 

6. Exame e aprobación das cuotas.

 

ARTIGO 27º.

 

Serán competencias da Asamblea Xeral extraordinaria:

 

1. Modifica-los Estatutos da Asociación.

 

2. Elexi-los integrantes da Xunta Directiva.

 

3. Aproba-la Federación con outras Asociacións.

 

4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

 

5. Acorda-la disolución da Asociación.

 

6. Designa-los/as liquidadores/as.

 

7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.

 

8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.

 

9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.

 

10. As que sendo de competencia da Asamblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.

 

11. Tódalas non conferidas expresamente á Asamblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.

 

ARTIGO 28º.

 

Para que as Asambleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concurran a metade mais un, do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.

 

ARTIGO 29º.

 

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, agás ós relativos ós apartados 1 ó 7 do Artigo 27, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignara o/a Presidente, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioría.

 

ARTIGO 30º.

 

Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.

 

As sesións abriranse cando así ó determine o Presidente. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.

 

Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

 

Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluido, ó que se levantará a sesión por parte do Presidente.

 

ARTIGO 31º.

 

Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.

 

ARTIGO 32º.

 

O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:

 

1. Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.

 

2. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

 

3. Ordea-los pagamentos acordados validamente.

 

4. Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.

 

5. Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva que lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

 

O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, asustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

 

ARTIGO 33º.

 

O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o fichero e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.

 

O Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.

 

ARTIGO 34º.

 

O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e, levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico.

 

O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupuestario antes do 15 de decembro, con fin de que as contas estén a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.

 

ARTIGO 35º.

 

Os Vocais no número que determine a Asamblea Xeral terán as seguintes atribucións:

 

1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

 

2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

 

CAPITULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

ARTIGO 36º.

 

A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 200,00 Euros. O peche do exercicio económico coincidirá co mandato da Xunta Directiva.

 

ARTIGO 37º.

 

A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoreiro da Asociación e sometido a Asamblea Xeral.

 

ARTIGO 38º.

 

A Asociación manterase dos seguintes recursos:

 

1. As aportacións económicas, donativos, subvencions, que fixen voluntariamente os seus membros.

 

2. As cuotas periódicas dos/as asociados/as si así o acorda a Asamblea Xeral.

 

3. As cuotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.

 

4. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

 

5. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

 

6. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 

ARTIGO 39º.

 

As cuotas ordinarias acórdanse pola Asamblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e, adicándose a atende-las necesidades da Asociación.

 

ARTIGO 40º.

 

Anualmente con referencia ó derradeiro día do mandato da Xunta Directiva, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asamblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

 

ARTIGO 41º.

 

Anualmente no tempo que establece o Artigo 25, será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria.

 

ARTIGO 42º.

 

Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoreiro, para a utilización conxunta deles.

ARTIGO 43º.

 

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asocidos/as os recursos obtidos pola Asociación.

 

 

CAPITULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

 

 

ARTIGO 44º.

 

O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordeamento xurisdicional civil.

 

 

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E

DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

 

ARTIGO 45º.

 

Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e enmendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asamblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

 

ARTIGO 46º.

 

Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asamblea Xeral de socios.

 

ARTIGO 47º.

 

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

 

1. Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as.

 

2. Por outras causas determinadas legalmente.

 

3. Por sentencia xudicial.

 

ARTIGO 48º.

 

Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoreiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 

ARTIGO 49º.

 

O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación e que teña o seu enderezo dentro da Provincia de Pontevedra.

 

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.